Belén Tajes é profesora de música en Jungle World,
un centro infantil situado na Coruña destinado a crianzas de entre 2 a 8 anos,
os medios recollen a súa denuncia. A finais de setembro o persoal docente foi advertido
nunha reunión de que as linguas vehiculares do centro son o español e o inglés.
Posteriormente, as traballadoras recibiron un escrito no que se indica
expresamente que non se permite o emprego do galego no centro. Este centro está
cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través do IGAPE.