27/10/15

Está a suceder. Centros plurilingües para as crianzas

Belén Tajes é profesora de música en Jungle World, un centro infantil situado na Coruña destinado a crianzas de entre 2 a 8 anos, os medios recollen a súa denuncia. A finais de setembro o persoal docente foi advertido nunha reunión de que as linguas vehiculares do centro son o español e o inglés. Posteriormente, as traballadoras recibiron un escrito no que se indica expresamente que non se permite o emprego do galego no centro. Este centro está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través do IGAPE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario