Aproveitamento da análise da paisaxe lingüística
no ensino secundario:
proposta de tarefas para a didáctica de linguas.
A análise da paisaxe lingüística que nos rodea pode chegar a ser unha actividade de infinito aproveitamento á hora de comprobar cál é situación real que hoxe en día teñen as linguas na sociedade. Especialmente en territorios nos que conviven unha ou máis linguas, como é o caso de Galicia, esta análise pode achegar moitos datos sobre qué funcións sociais se lle están atribuíndo a cada unha delas, e encamiñarnos deste xeito cara a reflexión. Ademáis deste obxectivo final tan interesante, a propia análise permite realizar outras múltiples aprendizaxes lingüísticas.
Seguindo o exemplo de análise da paisaxe dos Colecamiños de Santiago de Compostela que levamos a cabo na presentación do noso grupo, elaboramos tres posibles propostas de aplicación para a ensinanza secundaria. A primeira está pensada para a materia de Lingua Inglesa, a segunda para as materias de Lingua Castelá ou Galega, e a terceira, para a de Lingua Galega ou mesmo a de Historia. As tres propostas dan conta da capacidade interdisciplinar tan enriquecedora que pode aportar traballar neste proxecto.
BLOQUE 1: aproveitamento semántico para a aprendizaxe das linguas estranxeiras (inglés)
O inglés ten cada vez máis forza como lingua na que se expresan as influencias que recibimos da paisaxe lingüística. Ademais de preocuparnos polo seu imparable avance e realizar actividades máis relacionadas coa sociolingüística, tamén podemos aproveitar as manifestacións en lingua estranxeira como material didáctico.
Unha das actividades que propoñemos sería a recompilación por parte dos alumnos de todas as manifestacións lingüísticas en lingua estranxeira que atopasen nunha determinada paisaxe. Logo, extraeríase o vocabulario existente nelas e anotaríase o significado ou a tradución ó galego no seu caso, co que resultaría un glosario de termos de temática variada. Ademais, poderíase aproveitar para repasar outros contidos (morfolóxicos, gramaticais ou de redacción) relacionados cas palabras atopadas.
A continuación, propoñemos varios exemplos dos materiais que se extraerían da paisaxe lingüística que nós analizamos e dos contidos que se poderían abordar con eles:
Just: soamente
Eat: comer
-
Inmate: interno (nun hospital), preso, recluso
In + mate: formación de palabras (compañeiro + dentro)
Old skull: xogo de palabras con old school (vella escola, un estilo de tatuaxes)
e skull (caveira).
-
-
Large vegetable sharpener:
Diferencia entre: large, long e big
Sharp + en + er: formación de palabras (formación de verbo a partir de adxectivo e novamente formación de adxectivo a partir de verbo)
Variedade británica vs. americana: cookies vs. biscuits
Save + er: formación de palabras (sufixo de actor: cf. cooker, teacher)
Vocabulario. Saver: aforrador. Cf. Spender: gastador
Vocabulario. Saver: aforrador. Cf. Spender: gastador
-
-
-
Kid’s pool: uso do xenitivo para expresar posesión (a piscina dos nenos)
Vocabulario:
starfish (estrela de mar),
birds swimmer (paxaro nadador),
dolphins (golfiños)
gym: ximnasia, ximnasio
gym: ximnasia, ximnasio
Posición dos adxectivos en inglés (antes do nome, orde cando hai máis dun adxectivo)
To introduce: introducir, presentar a alguén
Todos os estes exemplos son do inglés, pero como vemos na imaxe de arriba, tamén podemos atopar algúns exemplos doutras linguas como:
o Cirque du soleil
o Cuit oeufs
o Mens sana in corpore sano
o Salva biscotti
BLOQUE II: actividades de revisión e corrección para a materia de lingua castelá e lingua galega coas súas literaturas.
- Esta actividade podería relacionarse cas regras de acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas.
- Formación de palabras con sufixos e prefixos:
- Posavasos, portaminas
- Ajardinadas
- Tamén poderían empregarse como apoio para repasar cuestións sintácticas:
- Alquilo a chicas: comparación do uso do obxecto directo e do obxecto indirecto
- Cuestións tipográficas e de puntuación:
- Literatura:
- Rimas e recursos estilísticos: “contra el Vaticano, poder clitoriano” (metonimia, metáfora).
BLOQUE III: actividades en relación ca situación sociolingüística, para traballar na materia de lingua galega e literatura, Historia de España ou Historia de Galicia.
E para rematar, só nos queda dicir que esperamos que despois de todos estes exemplos vos derades conta de todo o que se pode aprender co que nos arrodea, soamente hai que levar os ollos ben abertos! ;)
Laura Berciano López
Noelia Freire Romariz
Melisa Fuentes Martínez
María Elisa Paz Barcala
Alba Rodríguez Pérez
Lidia Ruiz Otero
Ningún comentario:
Publicar un comentario