Despois da nosa presentación hai una semana sobre o
traballo por proxectos, gustaríanos
rectificar o noso erro cando en repetidas ocasións nos preguntastes sobre a posibilidade
de aplicar esta metodoloxía en cursos avanzados de Secundaria e a nosa contestación,
como persoas inexpertas neste campo a nivel práctico, foi que non. A pesar de
que tratamos de buscar exemplos que se realizasen neste nivel educativo, a
porcentaxe atopada, fronte á correspondente ós niveis de Primaria e Infantil,
foi tan minúscula que demos por feito a imposibilidade de realizar este tipo de
proxectos.
Tras unha primeira toma de contacto cos institutos de Secundaria,
encontramos un caso dun profesor que traballa na súa materia –ou traballara ata
este ano durante varios cursos consecutivos baixo o traballo por proxectos—
prescindindo dun libro de texto e cumprindo finalmente con tódolos aspectos que
se atopaban no currículo. Trátase, sen ir máis lonxe, do caso dun profesor de
lingua e literatura castelá no instituto IES Rosalía de Castro, que se atopa a
poucos metros do enclave da nosa Facultade. Estamos a falar de Alberto Sacido
Romero, profesor innovador e entregado ós seus alumnos, que non só conseguiu
que os alumnos estivesen motivados co proxecto, que neste caso se trataba da
elaboración dun xornal, senón que conxuntamente co seu esforzo e o dos seus rapaces
resultaron gañadores do primeiro premio na XIV edición de El país de los estudiantes.
Isto demostra que con esforzo e motivación calquera cousa
pode ser posible. Para maior información sobre a realización deste traballo
remitímosvos ó blog que actualizaban periodicamente e no que se explica polo
miúdo como se foron organizando ó longo do ano e o enlace o xornal, que
actualizaban de xeito semanal e polo que ganaron devandito premio.
Diana Babarro Rodríguez
Nerea Costa García
Olivia Figueira Nuñez
Sara Filgueira Lorenzo
Ainara García Doval
Iria Muñiz Babarro
Ánimo!A innovación é un camiño complexo, pero posible. Teredes a oportunidade de aprender do profesorado comprometido e moi traballador.
ResponderEliminar