A lingua oral é un código multicanle composto por elementos sonoros que están
acompañados de unidades cinésicas, proxémicas ou paralingüísticas que os acompañan,
completan e amplían os seus valores semánticos.
Cómpre destacar que se presenta un grande desenvolvemento da expresión oral nas distintas
Leis Orgánicas, aínda que hoxe en día prevalece unha supremacía do estudio da lingua escrita
sobre a lingua oral. Porén, é necesario ter en conta que, como dicía Walter Ong, a escritura é
un sistema secundario, xa que a expresión oral existe sen a escritura, mais esta non existe sen
a primeira. Polo tanto, resulta imprescindible potenciar a ensinanza da comunicación oral
como base para a aprendizaxe dunha lingua, o que supón un cambio nos contidos e nos criterios
de avaliación.

É por isto que Monserrat Vilà, profesora da Universidade Autónoma de Barcelona, propón un
enfoque comunicativo no que a actuación oral dos alumnos non queda na espontaneidade,
senón que lles esixe certa reflexión e aprendizaxe. Nas actividades de competencia oral
pódense organizar os contidos mediante secuencias didácticas que son pequenos ciclos de
ensinanza-aprendizaxe secuenciados no tempo e orientados á produción dun determinado
xénero discursivo, ademais de que pretenden uns obxectivos concretos. É necesario concretar
estes obxectivos e compartilos cos alumnos para que sexan conscientes do que se lles esixe xa
que non adoitan estar acostumados a este tipo de actividades orais complexas. O traballo oral
a través dunha secuencia didáctica facilita a avaliación formativa e serve para poder resolver
dúbidas durante os ensaios, antes da produción oral pública.

Como vemos, as prácticas orais son metodoloxicamente complexas, polo que requiren atención
e participación por parte dos alumnos pero tamén un tempo de espera paciente, reflexión e
improvisación dun xeito controlado.

Unha boa forma de traballar a destreza oral é a utilización do podcasting. Esta práctica supón
un cambio radical na comunicación sonora porque lle permite a calquera persoa realizar e
difundir o seu propio espazo sonoro, e amplía o panorama de contidos de audio aos que se
pode acceder. Ademais, é unha ferramenta moi útil, xa que permite o desenvolvemento da
comprensión e da expresión oral na clase de linguas, da competencia tecnolóxica e das habilidades
sociais e cognitivas.

No que se refire á actividade na aula, aplicamos a utilidade do podcasting creando un programa
de radio que integrase todas as linguas das que temos coñecemento: linguas clásicas, lingua galega,
lingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa. Deseñamos unha actividade para cada unha delas
e, por grupos, os nosos compañeiros e compañeiras, convertidos en estudantes de secundaria por
un día, leváronas a cabo e elaboramos un programa de radio.

Os alumnos/as de clásicas tiveron que elaborar primeiro un microrrelato introducindo latinismos
utilizados frecuentemente nas nosas linguas e logo unha pequena listaxe de marcas comerciais
con nomes procedentes do grego e do latín e explicando brevemente a súa etimoloxía. Por outra
banda, o alumnado de lingua galega empregou os mecanismos básicos da improvisación oral galega,
concretamente da regueifa, para facer coplas nas que lle explicaran aos compañeiros e compañeiras
que son e como se elaboran as coplas tradicionais. En lingua castelá, os estudantes dividíronse en
dous grupos, un a favor de Góngora e outro de Quevedo, para crear dous romances de 16 versos
que logo rapearon como se dunha “batalla de galos” se tratase. No que respecta á lingua inglesa,
tiveron que buscar algún chiste, trabalinguas ou adiviña e lelo en voz alta. Finalmente, o alumnado
do grupo de francés elaborou unhas preguntas para facerlle unha entrevista á auxiliar de conversa
francesa.

Os nosos compañeiros realizando a actividade
Esta actividade desenvolvida durante a nosa sesión na aula é un exemplo de podcast creado polos
alumnos mediante a orientación do profesorado. Permite practicar a pronunciación e a competencia
oral, repasar os contidos impartidos na aula e traballar posteriormente con material auténtico que
poida ser avaliado. Ademais, cremos que esta sería unha práctica moi interesante para desenvolver
a nivel de centro, de xeito que poidan participar na radio todos os departamentos e practicar así todas
as destrezas impartidas nas aulas.

Consideramos que é necesario traballar nas aulas de linguas cun enfoque comunicativo, que teña en
conta a relevancia da oralidade e da comunicación. O feito de crear un programa radiofónico, sobre
todo a nivel de centro, resulta interesante, pois fomenta o traballo en grupo tanto por parte do
alumnado como por parte do profesorado, que se ten que poñer de acordo cos temas que se van tratar,
os programas informáticos que se van utilizar etc. Ademais de ser unha forma diferente de aprender,
que destaca o papel activo do alumnado, é tamén un método máis dinámico e divertido do que se
consegue un produto final moi proveitoso, como puidemos apreciar durante a realización da radio
na clase.

Aquí está o resultado do noso traballo:
https://www.youtube.com/watch?v=Sk9ogjheCyY
Bibliografía:

Vilà i Santasusana, Monserrat (2004): Actividad oral e intervención didáctica en las aulas. Glosas didácticas: revista electrónica internacional de didáctica de las lenguas y sus culturas, 12.
Vilà i Santasusana, Monserrat (2011): 6 criterios para enseñar lengua oral en la Educación Obligatoria. Leer.es.
Tusón Valls, Amparo (2002): El análisis de la conversación: entre la estructura y el sentido. Estudios de Sociolingüística 3(1), 2002, pp. 133-153. Universitat Autònoma de Barcelona.
Escobar, Cristina & Nussbaum, Luci (2010): ¿Es posible evaluar la interacción oral en el aula?. MarcoELE, 10.
Lozano Jaén, Ginés & Valero Cifuentes, Lucía (2013): La oralidad: propuestas en la LOGSE y la LOE y su enseñanza en el currículo actual de la ESO. Educatio Siglo XXI, 31, 2, pp. 171-190.
Martín Álvarez, Francisco Javier (2014): El podcasting en la enseñanza de las lenguas extranjeras, pp. 124-191. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario