Boas, internauta aventureiro que te atreviches a entrar ao noso blog. Chegaches aquí perdidiño vagando pola rede, coido que probablemente buscabas información sobre a intercomprensión. Non foi iso? Logo o mellor non che agrada moito esta entrada, xa que iso é o que imos tratar aquí.
Pero comezando polo principio, aclaremos que é a intercomprensión. Para que nos entendamos, unha explicación de andar por casa, ou pola rede. A intercomprensión é a capacidade de entender outras linguas sen precisar coñecelas. Non parece gran cousa dito así. Imaxinemos logo que es galegofalante e es capaz de entender a o portugués, o español, o francés, o italiano e o romanés, sen saber nada desas linguas! Isto xa soa a súper-poder, non si? Parece case bíblico.
Agora imos cos matices. O certo é que a intercomprensión non se pode dar entre calquera lingua. É necesario que sexan da mesma familia, como as anteriores, que son todas fillas do latín. E aínda que non é necesario, cantas máis desas linguas coñezas e máis palabras da túa propia lingua saibas, mellor será a intercomprensión. Ao final, consiste en buscar a comparación das linguas para recoñecer aspectos comúns entre elas.
E a que ven todo isto? Nós somos un grupo de alumnos do mestrado de profesorado da USC (a de Santiago, non a de California) e estivemos estudando este tema para poder levar unha actividade con rapaces de instituto. Para que? Para amosarlles como funciona a intercomprensión, dun xeito doado e moi divertido, e para ensinarlles que coñecen máis linguas das que se pensan e que as persoas pódense entender sen necesidade de falar a mesma lingua. Sabías que o 65% da información dunha conversa non é verbal? Se a isto lle sumamos a cantidade de información que se pode acadar usando os mecanismos da intercomprensión, voilá, ou velaí, xa podes falar con media Europa.
Os nosos compañeiros durante a explicación

A actividade que decidimos realizar foi un xogo de pistas, estilo búsqueda do tesouro. Os bonecos de probas foron os nosos compañeiros do mestrado. Como fixemos? Dividímolos en grupos, fómoslles dando pistas que lles levaban dun lugar a outro e cando chegaban recibían un anaco dunha adiviña que tiñan que resolver ó final, para gañar o premio. Cada pista e cada adiviña estaba escrita nunha lingua romance distinta, así que tiveron que facer uso da intercomprensión para entendelas e descifralas!
O resultado foi sorprendente. Mesmo as adiviñas máis difíciles de entender, descifráronas tan rápido que nos quedamos abraiados, sobre todo porque moitas das pistas estaban en latín!
Descifrando |
Debatindo |
A pola seguinte pista |
Ca adiviña final |
Deixamos aquí a adiviña final que tiñan que resolver (relacionada cunha historia de crime entre linguas), traducida aos idiomas que empregamos, para que calquera poda usala.
Se queredes probar a experiencia explicamos como facelo:
- Seleccionades os lugares claves e creades as pistas que dirixan a eles.
- Traducides as pistas aos idiomas que queirades usar para a intercomprensión. (Nós usamos o latín, francés, portugués, catalán, galego, español e italiano).
- Preparades o itinerario ou itinerarios a seguir polos grupos (nos tomámonos o traballo de facer un itinerario único para cada grupo, de xeito que non se guiasen uns polos outros).
- Dividides aos participantes no número de grupos que planeásedes e explicades o xogo, comezando por introducir a adiviña que deberán resolver ó final. (No noso caso contamos que tiñan que resolver que lingua “matou” o español e con que arma o fixo).
- Dades unha lista coas posibles solucións, como guía. (A nosa tiña as linguas sospeitosas e as armas: podedes atopala aquí abaixo).
- Entregades a primeira pista para que comece a búsqueda! (Previamente asignades a alguén que acompañe a cada grupo para que entregue as seguintes pistas e a adiviña conforme vaian chegando aos lugares clave). No noso xogo, pasaron por 6 lugares conseguindo as partes da adiviña en 6 linguas diferentes.
- Cando chegan ó derradeiro lugar, deixádeslles resolver a adiviña e que gañe o mellor!
Pois nada, xente, iso foi todo. Podémosvos asegurar que a experiencia é moi divertida e apréndese moito. Os nosos compañeiros pasárono coma ananos.
Deixámosvos aquí a nosa adiviña e a solución, pero se queredes podedes mellorala e cambiala, non o dubidedes!
E a pasalo ben aprendendo ;)
E a pasalo ben aprendendo ;)
Iria Braña López
Sofía García González
Laura Pérez Pérez
Sara Rocha Sánchez
David Rodríguez Puy
Tomás Rodríguez Puy
Melissa Da Silva Nuñez
Ningún comentario:
Publicar un comentario