Dende a chegada do paradigma comunicativo, un dos conceptos máis empregados nos estudos da ensinanza de segundas linguas é o de competencia comunicativa (CC). Non obstante, non parece existir unha definición unánime que marque os límites desta noción, así que trataremos de abordalo dende as diferentes perspectivas que o trataron e explicar deste modo a súa conformación ata a actualidade.
Un bo punto de partida para explicar a complexidade desta cuestión é o artigo de Cenoz Iragui dedicado a ela, no que expón que a competencia comunicativa ten un carácter multidisciplinar, cunha orixe marcada principalmente pola «lingüística teórica en el marco de la gramática generativa, pero también [baixo] la influencia de teorías de la antropología y la sociolingüística» (2004: 449). Isto explicaría entón a dificultade de establecer unha noción concreta pois, aínda que sempre existen determinados puntos comúns, cada autor aborda o termo dende a súa perspectiva.
Partindo da súa diversa orixe teórica, o concepto desta competencia engloba unha serie de destrezas necesarias para levar a cabo a comunicación, é dicir, vai máis alá da súa natureza lingüística intrínseca e «aborda el estudio de la lengua en uso y no como sistema descontextualizado» (Santos Gargallo, 1999: 31). Polo tanto, a competencia comunicativa non só se ocupa da estrutura formal do sistema (gramática, léxico, fonética, semántica…), senón que atende igualmente ás regras de uso, determinadas por un contexto socio-histórico e cultural concreto e no cal se produce unha «negociación del significado entre dos o más personas que comparten hasta cierto punto el mismo sistema simbólico» (Cenoz Iragui, 2004: 449-452). De feito, sería D. Hymes o primeiro en definir o concepto en 1971, criticando o termo de competencia lingüística da gramática xenerativista e reivindicando o enfoque sociolingüístico.
Debido a súa natureza interdisciplinar, caracterizada polo contexto social como factor determinante para que un uso correcto do código lingüístico se produza nas circunstancias idóneas, a competencia comunicativa abarca unha serie de compoñentes que varían en función dos diferentes autores que os elucidaron. Este é un resumo das principais achegas teóricas no ámbito da ensinanza das segundas linguas:
Canale e Swain (1980/1983)
|
Competencia de aprendizaxe: grao de autonomía ao que debe aspirar un aprendente durante o seu
proceso de aprendizaxe, que engloba a súa capacidade para tomar decisións, asumir
responsabilidades (dentro e fóra del aula), autoavaliarse e participar
activamente durante dito proceso.
|
Competencia lingüístico/ gramatical: dominio e uso apropiado do código da lingua nos seus
diferentes niveis (morfoloxía, sintaxe, semántica, fonética, ortografía).
Competencia sociolingüística: capacidade para adecuar a linguaxe ao contexto sociocultural concreto,
o que implica dominar as regras de interacción e os cambios de rexistro.
|
|
Competencia discursiva (engadida por Canale en 1983): capacidade para construír e interpretar
textos orais e escritos aplicando os coñecementos das regras de coherencia e
cohesión.
|
|
Competencia estratéxica/ pragmática: habilidade para empregar estratexias verbais e non
verbais co obxectivo de compensar as dificultades da comunicación.
|
|
J. van Ek (1986)
|
Competencia sociocultural: en relación co compoñente sociolingüístico, supón coñecer e adecuar a
lingua en uso ao marco sociocultural e á comunidade de fala da cultura meta.
|
Modelo de Kramsch, Young et al., (2000)
|
Competencia interaccional: capacidade de co-construir un contexto mental por parte dos
interlocutores dentro dun contexto a través dunha intervención colaborativa.
|
Modelo de L. Bachman (1990)
|
Competencia organizativa: habilidade para empregar a estrutura formal da lingua, integrando tanto
a competencia gramatical como a competencia textual. Esta última correspóndese
coa competencia discursiva (Canale e Swain, 1983) antes descrita aínda que
incorpora a organización retórica como elemento diferenciador.
|
Competencia pragmática: abarca as relacións entre signos e referentes, así como as relacións
entre usuarios da lingua e o contexto comunicativo. Inclúe dous subcompetencias:
a competencia ilocutiva (relación entre os enunciados e as funcións que os falantes
realizan por medio da lingua) e a competencia sociolingüística (similar á
sociolingüística de Canale e Swain).
|
O modelo de Bachman, co que nos quedaremos, é o que actualmente ten máis repercusión no ámbito da ensinanza das segundas linguas xa que incorpora os elementos de modelos anteriores e reformula os compoñentes xerarquicamente:
Bibliografía
Bachman,
L. (1990): “Habilidad lingüística comunicativa”. En Llobera et al. (1995): Competencia
comunicativa. Documentos básicos en la enseñanza de lenguas extranjeras.
Madrid: Edelsa, pp. 105-129.
Canale, M.
(1983): “De la competencia comunicativa a la pedagogía comunicativa del
lenguaje”. En Llobera et al.
(1995): Competencia comunicativa.
Documentos básicos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Madrid: Edelsa,
pp. 63-83.
Cenoz Iragui, Jasone (2004). “El concepto de competencia comunicativa”.
En Sánchez Lobato, J. y Santos Gargallo, I. (coord.). Vademécum para la formación de profesores.
Enseñar español como segunda lengua (L2)/ lengua extranjera (LE). Madrid:
SGEL. pp. 449-464.
Consejo de Europa (2002). Marco Común
Europeo de Referencia para las Lenguas. Madrid: Instituto Cervantes-
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Anaya. Recuperado de: http://cvc.cervantes.es/obref/marco [consultado o 19/01/2017].
García Santa-Cecilia, Álvaro (2000). Como
se diseña un libro de lenguas extranjeras. Madrid: Arco Libros.
Santos Gargallo, Isabel (1999). Lingüística aplicada a la
enseñanza-aprendizaje del español como lengua extranjera. Madrid: Arco
Libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario